Así foi o 'Luar' sen Gayoso

O presentador, convalecente dunha operación de cadeira, foi substituído por Esther Estévez
Fran Cañotas y Esther Estévez, en el 'Luar'. CRTVG
photo_camera Fran Cañotas e Esther Estévez, no 'Luar'. CRTVG

O programa de entretemento Luar e o seu presentador, Xosé Ramón Gayoso, foron indisolubles durante 32 anos ata onte, cando a cara do espazo tivo que ausentarse a causa de estar convalecente dunha operación de cadeira.

A falta do mítico presentador só se dera dúas veces en 1.400 emisións: cando tivo un catarro na primeira tempada, no ano 1992, e posteriormente cando recibía un premio en Nova York. A substituta deste venres foi Esther Estévez, presentadora de Dígocho eu.