James Rhodes fai referencia nas súas redes sociais á viñeta de Santy Gutiérrez en El Progreso

O músico británico volveu tuitear en galego no Día das Letras

James Rhodes, en la prisión de A Lama.DP
photo_camera James Rhodes, en la prisión de A Lama.DP

O pianista James Rhodes continúa lanzando chiscadelas a Galicia. Esta vez en referencia á viñeta de Santy Gutiérrez que se publicou este venres, Día das Letras Galegas, en El Progreso.

No debuxo aparece unha parella que insinúa que se debera dedicar a xornada a Rhodes polos numerosos tuits en galego que leva publicado dende que descubriu o idioma.

O pianista británico mostrou nas súas redes sociais un grande interese polo idioma, pola gastronomía e por algúns costumes.

Comentarios