Concello de Mondariz: 9.000 euros en liñas eróticas

O PSOE de Mondariz denunciou que nos últimos tres meses se gastaron 9.000 euros en chamadas a números eróticos dende un teléfono da casa consistorial. O alcalde José Antonio Lorenzo Rodríguez, do Partido Popular, sinalou que este feito se está a investigar, e acusa aos socialistas de buscar "carroña". Aínda así, Lorenzo Rodríguez asegura que ten que deberse dun erro telefónico ou dun "virus informático".

Marina Alfaro, secretaria xeral dos socialistas en Mondariz, explicou que analizando as contas, había 5.000 mensaxes e 400 chamadas que facían un total de 300 horas. Cando chamaron ao número para comprobar de qué se trataba descubriron que era unha liña erótica.

Comentarios