'Casamos!' brinda pola confirmación do amor na nova voda de Mónica e Julio

O espazo, que produce El Progreso, presenta un portugués que deixou unha parella e o seu país por unha rapaza de Ponteareas
Mónica e Julio, en 'Casamos!'. EP
photo_camera Mónica e Julio, en 'Casamos!'. EP

Os protagonistas do programa da TVG Casamos! do vindeiro martes ás 22.45 serán Mónica e Julio, que levan catorce anos xuntos e doce deles casados. Coñecéronse nunha festa por un amigo en común.

Julio tiña parella, pero quedou prendado de Mónica coa primeira mirada e aínda que Mónica non estaba interesada nel nun principio, Julio non parou ata conquistala.

A familia de Julio non viu con bos ollos que el deixara a súa casa en Portugal para vivir con ela en Ponteareas, pero seguiron adiante e desa convivencia naceu a súa primeira filla en común, cando ambos contaban apenas vinte anos.

A voda non tardou en chegar e agora, despois de doce anos xuntos, volven casar nunha cerimonia na que a emoción é a protagonista.

O espazo Casamos! é producido por El Progreso xunto coa empresa Zenit.

Comentarios