Miércoles. 21.11.2018 |
El tiempo
Miércoles. 21.11.2018
El tiempo

Hoxe en Viveiro hai tortilla

Grupos de amigos comendo ao aire libre no Día das Tortillas de Viveiro
Grupos de amigos comendo ao aire libre no Día das Tortillas de Viveiro
A área de San Roque, a praia de Area ou o parque de Covas son algúns dos lugares máis socorridos para desfrutar ao aire libre destas comidas populares que reúnen a grupos de amigos e familias. Xogos, paseos ou cánticos acompañan unha velada cuxa orixe se remonta á tradición franciscana da Idade Media

Viveiro ten hoxe unha das súas festas máis populares, o Día das Tortillas (sempre sete días antes do Domingo de Ramos), no que grupos de amigos ou familias saen a distintas zonas verdes a desfrutar dunha comida ao aire libre con este prato como base principal. Tradicionalmente era un dos días máis esperados do ano, sobre todo para a xente nova, e aínda continúa tendo moitos fieis.

Un dos que non faltará á cita é Óscar González, veciño de Celeiro de 29 anos, que este ano irá a San Roque, aínda que a tradición no seu grupo é ir a Area. "Vou cos amigos, sempre o fixemos así dende que tiñamos oito ou dez anos. Quedabamos na praza do Chao sobre as nove da mañá e ibamos andando para Area, sempre con responsabilidade", di. Xa na praia, xogaban co balón, andaban polas rochas e incluso se bañaban. "Imaxínate como estaba a auga!", comenta.

Os anos pasaron pero "a tradición nunca se perde", di Óscar, e aínda que algúns amigos están fóra séguense xuntando unhas 15 ou 20 persoas. "Facemos as tortillas cada un na súa casa, eu adoito facelas de pataca e de chourizo, e outros levan bistés, algunha ensalada ou ensaladilla para acompañar", conta. Con algo de bebida e a boa compaña, non precisan nada máis.

"Antiguamente cada pandilla hacía cabañas en el monte, por la ladera de San Roque, se hacían las tortillas allí, con una fogata"

José Manuel Paleo lembra que o Día das Tortillas "era una fiesta muy importante para los chavalitos", que a agardaban con ansia. Empezaban a saír coa súa pandilla, xurdían os primeiros amores e todo era diversión. "Antiguamente cada pandilla hacía cabañas en el monte, por la ladera de San Roque, se hacían las tortillas allí, con una fogata. Se comían con chorizo, cosas campestres", relata este viveirés.

Hoxe, engade, "esto se perdió bastante, se va al área de San Roque, a Area o Abrela, y es algo mucho más familiar. Se va a sitios donde hay más recursos para que los niños jueguen".

O grupo de amigos de África Jiménez leva prácticamente medio siglo sen faltar á súa cita coas tortillas e tampouco o fará hoxe. "Imos sempre, aínda que chova. Nunca fallamos", comenta. No seu caso acompañan ao grupo de amigos as súas respectivas familias e algún ano chegaron a xuntarse unha trintena de persoas. "Agora ao mellor imos doce ou catorce. Uns anos fomos moitos, outros menos, levamos os fillos e este ano eu vou levar as netas", apunta a viveiresa.

"Levamos as tortillas feitas da casa e despois comemos peixe ou churrasco no restaurante, na parte de abaixo. Comemos e pasamos alí a tarde, cantamos cancións de sempre"

Este grupo segue a mesma pauta dende o primeiro día. "Seguimos indo ao mismo sitio que ibamos sempre, a San Roque. Levamos as tortillas feitas da casa e despois comemos peixe ou churrasco no restaurante, na parte de abaixo. Comemos e pasamos alí a tarde, cantamos cancións de sempre e damos unha voltiña pola área", explica África Jiménez, quen lembra que a primeira vez que participou nesta festa tiña 13 anos.

ABANDONOS. Pola contra, un dos que deixou de seguir a tradición é José Luis Rivera, do grupo de veciños de Campo Urraca e arredores que organiza Os Maios. "Deixei de ir unha vez que os Maios fomos a menos. Antes sempre ibamos a San Roque, cada un levaba a súa tortilla, de todas as maneiras, acompañadas por un bisté ou empanada. Poñíase todo encima do mantel no chan e cada un comía do que lle apetecía", relata.

O das tortillas "era un día que se estaba esperando e ibamos sempre. Se viamos que se iba poñer malo xa ibamos preparados, poñíamos uns paus ou varandas contra a capilla e alí estabamos", di Rivera, quen recorda naqueles anos que "o monte estaba colorido. Mirabas para a falda e vías grupos de xente aquí e alí".

Pola súa banda, o cronista oficial da ciudade, Carlos Nuevo, sitúa a orixe da celebración na tradición franciscana da Idade Media. "Facíase sempre no campo de San Lázaro. Os rapaces de Celeiro e Viveiro pelexábanse a pedradas limpa para ver quen comía alí".

CASINO. A celebración do Día das Tortillas nunca falla no Casino Club Náutico de Viveiro, que cada ano invita aos seus socios a celebralo nas súas instalacións.

A presidenta da entidade, Dolores Rosado, comenta que ofrecían aos socios dúas opcións, xa que por un lado poden traer a tortilla feita e só tiñan que reservar mesa, ou tamén podían encargar ao Casino que lles fagan alí a tortilla e ir comela sen maior preocupación.

Pola súa banda, o cronista oficial da ciudade, Carlos Nuevo, sitúa a orixe da celebración na tradición franciscana da Idade Media. "Facíase sempre no campo de San Lázaro. Os rapaces de Celeiro e Viveiro pelexábanse a pedradas limpa para ver quen comía alí".

Hoxe en Viveiro hai tortilla
Comentarios