Jueves. 15.11.2018 |
El tiempo
Jueves. 15.11.2018
El tiempo

A Xunta reivindica o papel dos maiores na sociedade nunha comida en Ordes

José Manuel Rey Varela, na xuntanza de Ordes. PEPE FERRÍN
José Manuel Rey Varela, na xuntanza de Ordes. PEPE FERRÍN

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, fixo referencia aos servizos que a administración galega pon á súa disposición

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reivindicou o papel dos maiores na sociedade, durante a súa participación este sábado na comida celebrada no municipio coruñés de Ordes, no que lembrou que a Xunta incrementou o Servizo de axuda no Fogar na Mancomunidade da zona en preto dun 54% desde 2015.

José Manuel Rey Varela destacou así que, co aumento rexistrado desde a creación da Consellería de Política Social, préstanse 35.196 horas de atención ao ano.

Ademais, fixo referencia aos servizos que a administración galega pon a disposición dos maiores para o fomento do envellecemento activo, como os programas de benestar en balnearios, ou xuntos por Nadal, dirixido a aqueles maiores que se atopan sós durante esas datas.

Rey Varela indicou que o compromiso con este colectivo ponse tamén de manifesto no aumento en máis dun 11% dos presupostos da área de maiores para 2018 con respecto ao ano pasado, chegando aos 309 millóns de euros.

Unha maior disposición de recursos que, segundo explicou, permite consolidar a rede de prazas residencias e de atención diúrna, potenciar o Servizo de Axuda no Fogar a dependentes ou ampliar o cociente de atención a persoas dependentes ata situalo na actualidade no 83,5%.

A Xunta reivindica o papel dos maiores na sociedade nunha comida en...
Comentarios