A Xunta poderá multar a autores de incendios con ata 2 millóns de euros 

O Goberno galego tamén aprobou as condicións de contratación de 133 novos servizos de comedor escolar dependentes da Administración autonómica

Feijóo y Rueda en la reunión del Consello de este jueves. PEPE FERRÍN (AGN)
photo_camera Feijóo y Rueda en la reunión del Consello de este jueves. PEPE FERRÍN (AGN)

A nova lei de patrimonio natural, que será remitida proximamente pola Xunta ao Parlamento galego, incluirá un aumento nas sancións polos danos causados por incendios, que poderían ascender a entre 200.000 e 2 millóns de euros. 

Na comparecencia posterior á reunión co seu Executivo, o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, advertiu que os responsables dos lumes terán que abonar "a reparación do dano causado" e, adicionalmente, unha multa que pode chegar aos 2 millóns de euros "en función da gravidade". 

E é que este proxecto de lei que será remitido ao Lexislativo autonómico, ademais de "facer foco" no réxime sancionador, servirá para "adaptar" a normativa galega á europea e a estatal e para "delimitar claramente" as competencias de cada administración territorial en canto ao patrimonio natural. 

COMEDORES ESCOLARES. O Goberno galego tamén aprobou as condicións de contratación de 133 novos servizos de comedor escolar dependentes da Administración autonómica, que valorarán positivamente que nos menús se inclúan produtos de tempada e adquiridos a menos de 100 quilómetros do centro, así como o uso de lácteos de orixe galega. 

Diso informou este xoves o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior á reunión co seu Executivo. Neste contexto, advertiu que a Consellería de Educación reservará o 1 por cento do montante da adxudicación para realizar auditorías periódicas do servizo en materia hixiénico-sanitaria ou sobre o cumprimento das condicións do contrato. 

Ademais, preguntado sobre se se incluirán opcións veganas, Feijóo lamentou que "non se poden establecer menús á carta" por razóns "de equidade", senón que calquera outra opción deberá ter unha prescrición médica por alerxias ou intolerancias, por exemplo–. 
 

Comentarios