jueves. 28.05.2020 |
El tiempo
jueves. 28.05.2020
El tiempo

A Xunta fixa o Venres Santo como día de peche dos supermercados

Unha muller facendo a compra. AEP
Unha muller facendo a compra. AEP
Coa fin de que o persoal descanse non poderán abrir os establecementos de alimentación ►A medfda  tómase como forma de "agradecer" o traballo aos empregados do sector e  tendo en conta que a Xunta liberalizara o horario durante o tempo que dure a alarma

A Xunta establece o Venres Santo como día para que pechen os supermercados e demais establecementos de alimentación en Galicia coa fin de que o persoal desta actividade esencial poida descansar durante esa xornada festiva. 

Segundo informan a Europa Press fontes do Goberno galego, esta resolución para declarar como non hábil o 10 de marzo no sector da alimentación será publicada proximamente polo Diario Oficial de Galicia (DOG). 

Esta medida tómase como forma de "agradecer" o traballo do persoal deste sector, tendo en conta que a Xunta decidise liberalizar o horario durante o tempo que dure o estado de alarma. 

Precisamente, nos últimos días sindicatos chamaron á Xunta a non permitir a apertura de establecementos todos os días da Semana Santa en prol da "protección" dos traballadores e dado que o consideran "innecesario". 

Pola súa banda, a secretaria de Estado de Comercio, Xiana Méndez, enviou unha carta aos conselleiros do ramo de toda España, na que recomenda manter e respectar a regulación de horarios comerciais fixada antes da entrada en vigor do estado de alarma polo covid-19. 

A Xunta fixa o Venres Santo como día de peche dos supermercados
Comentarios