martes. 10.12.2019 |
El tiempo
martes. 10.12.2019
El tiempo

A Xunta cuestiona a estratexia de Raxoi para reclamar as estatuas do Pórtico aos Franco

Esculturas de Abraham e Isaac. EP
Esculturas de Abraham e Isaac. EP

Reprocha ao Goberno que deixase ao carón Meirás porque "o Val dos Caídos tiña un impacto mediático maior" 

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, asegurou que as formulacións do Concello de Santiago para recuperar as estatuas do Mestre Mateo "quizá non foron suficientes" para convencer ao ámbito xudicial. Así o sinalou nunha entrevista na Ser onde indicou que polos antecedentes e pola información coñecida "daba a sensación de que o lexítimo propietario das estatuas era o Concello de Santiago".  "Desde a Xunta puxemos en marcha o expediente para declarar as estatuas Ben de Interese Cultural, e estabamos en contacto co Concello e compartiamos en certa medida a súa formulación, pero quizá non se nos deu toda a información", destacou o titular de Cultura. 

Neste sentido, engadiu que nestas cuestións "as decisións deben ser moi sólidas desde o punto de vista xurídico". "Parece que nese sentido a formulación do Concello non foi o ideal, non foi o que supoño que a inmensa maioría dos galegos desexaría". Así mesmo, destacou que aínda "queda demostrar noutros ámbitos xudiciais" que o Concello ten a razón.

PAZO DE MEIRÁS. Respecto da intención da Xunta de que o Pazo de Meirás pase de ser propiedade da familia Franco a ser público, o conselleiro asegurou que é "un proceso diferente" ao das estatuas do Mestre Mateo. "Aquí, o Parlamento de Galicia manifestouse nun sentido unánime para pór en marcha unha liña xurídica orientada a que o Pazo de Meirás pase a ser propiedade pública", destacou Rodríguez, quen engadiu que "agora é o Goberno do Estado o que ten que mover peza e abrir un proceso contra a familia Franco". 
"No ámbito do Pazo de Meirás fixéronse ben as cousas, coa unanimidade parlamentaria, cunha comisión técnica cun alto nivel de cualificación, cun ditame que foi remitido ao Ministerio", subliñou. 

Así, o conselleiro de Cultura reprochou que "dá a sensación de que había unha excesiva preocupación, quizá máis porque tiña un impacto mediático maior, por todo o que teña que ver co Val dos Caídos", polo que a pesar de que o Goberno "tivo tempo suficiente" aínda non puxo en marcha o proceso para que Meirás pase a ser propiedade pública.

A Xunta cuestiona a estratexia de Raxoi para reclamar as estatuas...
Comentarios