viernes. 14.05.2021 |
El tiempo
viernes. 14.05.2021
El tiempo

A Xunta colaborará na celebración das 12 feiras do libro deste ano cun investimento de 120.000 euros

El conselleiro, en uno de los puestos de la feria del libro de Vigo. XUNTA
El conselleiro, en uno de los puestos de la feria del libro de Vigo el pasado año. XUNTA
Román Rodríguez destacou que este apoio reflicte o compromiso da Administración autonómica co sector cultural

A Xunta colaborará na celebración dos doce eventos do calendario das feiras do libro de Galicia que se celebrarán este ano, cunha achega de 120.000 euros.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e a presidenta da Federación de Libreiros de Galicia, Pilar Rodríguez, asinaron este xoves o convenio de colaboración polo que o Goberno galego será a principal institución patrocinadora do calendario.

Este convenio, enmarcado no Plan de reactivación para o sector cultural, busca achegar o libro á cidadanía a través da exhibición, difusión e comercialización profesional e de establecer puntos de encontro coa sociedade.

Neste sentido, Rodríguez destacou que este apoio reflicte o compromiso da Administración autonómica co sector cultural e para dar a coñecer "o mellor" da creación.

Nos próximos meses abriranse varias convocatorias de subvencións dirixidas a gastos de edición, distribución e comercialización

"Mediante a promoción dos autores, o impulso de certames literarios e premios ou a posta en valor do traballo feito polos profesionais do sector do libro á vez que se fomenta a lectura e poténciase a cultura literaria entre a sociedade", engadiu.

Tamén lembrou outras accións da Consellería neste sentido, como os 1,4 millóns de euros para impulsar actividades de dinamización da lectura nas bibliotecas, mellorar as súas coleccións e subvencionar a compra de novidades editoriais, ou a liña de axudas para a tradución de obras xa publicadas.

Nos próximos meses abriranse varias convocatorias de subvencións dirixidas a gastos de edición, distribución e comercialización; facilitar a asistencia de escritores a festivais e feiras ou axudar ás librarías a realizar actividades de difusión.

CALENDARIO. O circuíto das feiras do libro conta con 12 citas, catro máis que o pasado ano, que arrincarán este venres en Ferrol e seguirán por Santiago, O Porriño, Ourense, Redondela, Vigo, Ponteareas, Rianxo, A Coruña, Viveiro e Foz. A última terá lugar no mes de agosto en Monforte de Lemos.

Ademais, o sector literario de Galicia tamén estará presente nas Feiras Liber, en Madrid, e de Frankfurt, previstas para o próximo mes de outubro.

A Xunta colaborará na celebración das 12 feiras do libro deste ano...
Comentarios