Vilalba volve celebrar San Roque 50 anos despois

A localidade recuperou a festa tras case medio século sen celebrarse

Vilalba recuperou este ano a festa de San Roque, tras case 50 anos sen celebrarse. Durante a mañá deste martes tivo lugar unha procesión e unha misa na capela de San Roque, onde nos últimos días se celebraron as tradicionais novenas.

A sesión vermú estivo amenizada polo grupo Fusión e á noite, a partir das nove, habera pinchos populares e a actuación de Voces de Vilalba, unha formación composta por varios cantantes da localidade.

Comentarios