Axudas económicas para os pais que pidan xornada reducida

Todos aqueles traballadores -homes- que se acollan á redución da xornada laboral para coidar aos seus fillos menores de tres anos, poden solicitar dende hoxe as axudas económicas que contempla a Vicepresidencia da Xunta de Galicia.

Estas axudas están incluídas dentro do 'Plan de Fomento da Corresponsabilidade' promovido pola Secretaría Xeral de Igualdade. Pretende impulsar o cambio de roles diferenciados entre homes e mulleres, implicando, aos pais no coidado dos seus fillos.

Entre os requisitos a cumprir polo solicitante, destácase o feito de que esté empadroado nun concello galego e que, esta axuda nunca poderá coincidir coa baixa por maternidade.

A contía, que pode oscilar entre os 2.400 e os 3.600 euros, realizaranse nun único pago anual e variará en función da redución da xornada laboral. Se se reducise nun 33%, as percepcións económicas irán dende os 2.400 aos 3.000 euros. E, entre os 3.000 e os 4.000 se a redución da xornada chega ata o 40%.

Esta axuda poderase recibir durante un período máximo de oito meses e terá efecto inmediato dende o primeiro día de redución da xornada laboral do traballador.

A corresponsabilidade
A finais do 2006, a Secretaria Xeral de Igualdade, fixo público o contido do 'Plan de Fomento da Corresponsabilidade'. Unha iniciativa que se puxo en marcha a comezos do 2007. Entre os seus obxectivos están os de "cubrir as demandas da cidadanía no eido da corresponsbilidade en catro escenarios básicos: persoas, fogar, empresa e sociedade."

Todo isto, parte do deseño dunha política de igualdade que impulse medidas efectivas nestes cinco áreas de actuación, consideradas estratéxicas para o desenvolvemento da sociedade galega.

Comentarios