Verín rexistra a temperatura mínima de Galicia, con -4,3 graos

Ribas de Sil e Bóveda soportaron os valores máis baixos da provincia de Lugo

As baixas temperaturas deixaron xeadas nos municipios do interior de Galicia. BRAIS LORENZO (EFE) - heladas, frío, tiempo
photo_camera As baixas temperaturas deixaron xeadas nos municipios do interior de Galicia. BRAIS LORENZO (EFE)

O municipio ourensán de Verín rexistrou na mañá deste martes a temperatura mínima de Galicia, con -4,3ºC, nunha xornada na que a provincia de Ourense mantén o aviso por frío. 

Segundo os rexistros de Meteogalicia, en localidades con altitude menor de 900 metros, ademais de Verín, houbo valores mínimos significativos en Castro Caldelas (-3,4ºC), Xinzo de Limia (-3,3ºC), Calvos de Randín (-2,5ºC) e Leiro (-2,4ºC), todas elas na provincia de Ourense. 

Na provincia de Lugo, as temperaturas mínimas rexitráronse en Ribas de Sil (-0,7º) e Bóveda (-0,4).

Na xornada do luns, na que a provincia de Ourense tamén tivo aviso por frío, as mínimas corresponderon aos municipios ourensáns de Calvos de Randín (-7ºC) e Baltar (-6,5ºC). 

Pola súa banda, en concellos con altitude maior de 900 metros, os termómetros descenderon até os -0,7ºC na Mezquita e -0,3ºC en Vilariño de Conso, ambos na provincia de Ourense. 

Mentres, o resto de valores mínimos destacados en localidades de altitude maior de 900 metros foron positivos, como os 0,2ºC na Veiga (Ourense) e os 1,7ºC en Navia de Suarna.

Comentarios