martes. 12.11.2019 |
El tiempo
martes. 12.11.2019
El tiempo

As universidades galegas perden peso na clasificación das mellores do mundo

Estudiantes universitarios durante un examen. AEP
Estudiantes universitarios durante un examen. AEP
Con todo, ambas institucións mantéñense entre as mil máis destacadas

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Universidade de Vigo (UVigo) mantéñense entre as mellores universidades do mundo segundo o Academic Ranking of World Univerties (Arwu), aínda que ambas baixan un banzo na clasificación. 

O Arwu, comunmente coñecido como ranking de Xangai, selecciona aproximadamente 1.800 universidades e destaca as 1.000 mellores. Outro ano máis, a USC e a UVigo mantéñense entre as mellores universidades do mundo. 

Con todo, a institución compostelá cae do chanzo que vai das 401 ás 500 primeiras ás incluídas entre as 501 e as 600 primeiras e a viguesa, do mesmo xeito, pasa do escalafón 501-600 ao 601-700

Os indicadores que emprega Arwu para clasificar son a cantidade de exalumnado e persoal gañador dos premios Nobel e das medallas Fields, a cantidade de persoal investigador altamente citado ou o número de artigos publicados en revistas científicas. 

As universidades galegas perden peso na clasificación das mellores...
Comentarios