martes. 31.03.2020 |
El tiempo
martes. 31.03.2020
El tiempo

A Unión Federal de Gardas Civís nega que 1.500 axentes vixíen os montes galegos

A Unión Federal de Gardas Civís asegura que a cifra real de efectivos para a vixilancia dos montes galegos dista moito dos 1.521 sinalados por fontes oficiais, senón que oscila entre os 166 e 223 axentes, que serían os que teñen esta adicación e exclusiva e contan cos medios técnicos necesarios.

Respecto ós outros 1.200 axentes, sosteñen que pertencen ós postos da Garda Civil dos diferentes concellos galegos e que teñen como tarefa principal a seguridade cidadán, polo que se van ó monte “as poboacións quedan sen vixilancia”.

Ademais desta critica, a Asociación denuncia a falta de medios, ao reclamar que “se o goberno quere que vaiamos ó monte, teñen que dotarnos do equipamento necesario de primeiros auxilios e auto-protección”. Igualmente, demandan un Plan de Protección para os axentes. 

Por outra banda, a Unión Federal de Gardas Civís sinala que son os axentes de seguridade cidadá os que na maioría dos casos chegan primeiro ás zonas afectadas por un incendio, moitas veces en “lugares habitados nos  que facilmente pode haber persoas que precisen de axuda porque están en perigo e hai que socorrelas”.

Malia todo, engaden que “dificilmente un axente poderá facer moito se non dispón dunha máscara ou dun equipo de respiración autónomo que lle permita actuar con seguridade nas proximidades dun incendio”.

Todas estas reivindicacións serán trasladadas á Delegación do Goberno. Segundo a plataforma, farase a través de Burofax pois “o Delegado non quere atender en audiencia as nosas peticións”.

A Unión Federal de Gardas Civís nega que 1.500 axentes vixíen os...
Comentarios