A Unión de Gardas Civís de Galicia, acusados de 'traidores do uniforme'

A Unión Federal de Gardas Civís (UFGCS) acusou á Unión de Gardas de Galicia de ser “traidores do uniforme” e táchalles de ser “marionetas” do BNG por “defender o bilingüismo”.

Segundo indicou a Federación refugan “calquer imposición” referente ó idioma, explicando que “o castelán é a única lingua que tódolos españois teñen o deber de coñecer e o dereito de usar”.

A Unión Federal di que a súa posición “encolerizou” ó BNG e outros colectivos, así como a “ó colectivo chamado Unión de Gardas Civís de Galicia, que sacaron un comunicado que chamaba fascistas á Unión Federal”.

Por último engadiron que “se estes señores teñen unha ideoloxía nacionalista recomendámoslles que colguen o uniforme verde e sirvan á sociedade dende outro organismo” e denuncian que os dirixentes da Unión de Gardas Civís de Galicia “seguen coa súa liña desestabilizadora do movemento reivindicativo da Garda Civil”.

Comentarios