O concello de Sada rendeu homenaxe ao pintor, editor, deseñador industrial e creador Isaac Díaz Pardo, cun mural urbano nun dos edificios do centro da localidade, realizado pola artista galega Lula Goce. Coa obra plasmada nun inmoble á beira do Instituto e a avenida que leva o seu nome, o concello recoñece así o traballo do impulsor, xunto con Luís Seoane, das Cerámicas de O Castro-Sargadelos.
A iniciativa enmárcase dentro dunha aposta do concello de Sada, a través da Concellaría de Urbanismo, para empregar a arte para rexenerar determinadas zonas urbanas, á vez que recoñece, en palabras do alcalde Benito Portela, o "exemplo, traballo e entrega" de Isaac Díaz Pardo, que serve "de guía en cada día e en cada paso".
O mural enfoca directamente á zona de Samoedo e O Castro, onde Isaac Díaz Pardo iniciou a recuperación da cerámica tradicional. Faino nunha imaxe icónica de gran profundidade que reflicte a súa austeridade e a súa "proverbial humildade".
¡Qué bella forma de librarnos del feísmo, el que se ve y el que no se ve! @lulagoce gracias por dar luz a Isaac Díaz Pardo ✨
— Virginia Romera (@virginiaromeraC) 6 de abril de 2019
Todo un ejemplo de artista para las chavalas y chavales que todos los días verán tu obra al salir del instituto Isaac Díaz Pardo. #Sada🎨#mujeresartistas pic.twitter.com/RtpzH9NQJm
A profundidade do mural é un dos acenos de identidade de Lula Goce, coñecida artista urbana. Todos os seus traballos tenden a profundar no íntimo a partir do público, con accións solitarias vinculadas á natureza, que mostra nas fachadas, na rúa, expostas á mirada de transeúntes e curiosos.
O traballo de Lula Goce comezou o pasado luns e terminou este venres, ante a mirada de centenares de persoas, que inmortalizaron o traballo desta artista de Baiona. Unha evolución que o Concello de Sada compartirá nas súas redes sociais grazas a un vídeo en 'time-lapse'.