Un falecido e dous feridos graves nun accidente en Meis

Un home de 72 anos faleceu hoxe nun accidente de tráfico no concello pontevedrés de Meis, en Pontevedra. Outras dúas persoas de 25 anos resultaron feridas de gravidades. O sinistro sucedeu pasada a 13h30, no punto kilométrico 13'9, na carretera PO-531.

O ancián atopábase no andén cando foi embestido pola moto despois de que esta colisionase frontolateralmente cun turismo. Os dous mozos que viaxaban en moito foron conducidos a centros hospitalarios en ambulancia e o conductor a través dun helicóptero do 112.

Tráxica fin de semana
Polo menos 18 persoas perderon a vida nas carreteras dende a tarde do venres ata as 28h deste domingo segundo a Dirección General de Tráfico. Nos 16 sinistros mortales contabilizados tamen resultaron feridas de gravidade tres persoas e outras sete  con feridas leves.

Malia todo, os datos son sensiblemente mellores que os do ano pasado, onde nesta mesma fin de semana faleceran 30 persoas.

Comentarios