Un de cada catro galegos terá unha enfermidade mental ao superar os 60 anos

Ao chegar aos 60 anos, a un de cada 4 galegos teranlle diagnosticado unha enfermidade psiquiátrica. Esta é a advertencia do responsable da unidade de Psicoxeriatría do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), Raimundo Mateo, con motivo da presentación do congreso sobre esta área.

O problema irá en aumento, segundo Mateo, e en especial na nosa comunidade na que os maiores de 65 representan máis do 20%. Aínda así, contamos con dificultades na atención psiquiátrica, como a falta de unidades específicas, xa que só hai unha no Clínico de Compostela. Os retos da psiquioxeriatría sitúanse hoxe ademais na formación dos profesionais así como na unión entre a asistencia e a investigación.

Destes temas é do que están a falar no XXXV Congreso da Asociación Europea de Psiquitría Xeriátrica, a XV Xuntanza da Sociedade Española de Psicoxeriatría e o VIII Congreso da Asociación Portuguesa de Xerontopsiquiatría, que se celebrarán conxuntamente a próxima semana na Facultade de Medicina e que acollerá a máis de 400 expertos mundiais.

Comentarios