Un buque galego rescata a 91 inmigrantes subsaharianos fronte a costa mauritana

O Segundo San Rafael, un arrastreiro vigués, rescatou esta noite a 91 inmigrantes que navegaban nun caiuco á deriva fronte a Nuadibú (Mauritania). Un deles xa estaba morto cando o recolleron, mentres que un segundo faleceu ao chegar a Tenerife, onde foron trasladados.

O caiuco, no que viaxaban varias mulleres e nenos, presentaba algúns buracos e a auga cubría a metade da nave cando José Luís, patrón da nave, deu orde para que subisen ao Segundo San Rafael. A 20 millas de Nuadibú, o buque hospital Esperanza del Mar recolleu aos subsaharianos para levalos á praia de Arliche, ao sur de Tenerife. Alí, 25 deles foron hospitalizados por fracturas e amputacións, así como deshidradatación e hipotermia.

Os 89 supervivintes xa foron dados de alta e diríxense agora a Senegal, que a diferencia de Mauritania aceptou o seu desembarco, onde está previsto que cheguen hoxe.

Comentarios