TVG, a autonómica máis vista no mes de abril

Na comunidade, a canle pública galega estivo só por detrás de Telecinco na franxa horaria do 'prime time'
'Land Rober' é un dos programas máis exitosos da Galega
photo_camera 'Land Rober' é un dos programas máis exitosos da Galega

A TVG foi a televisión autonómica máis vista durante o mes de abril, cun 10,4% de cota de pantalla no 'total día', mantendo esta posición por cuarta vez desde decembro pasado e aumentando a súa distancia sobre a seguinte canle en audiencia, que foi a catalá TV3 (9,6%). A continuación situáronse a andaluza Canal Sur (9,4%) e Aragón TV (8,4%). 

En Galicia, a canle pública galega estivo só por detrás de Telecinco na franxa horaria do 'prime time' ou de maior seguimento, cunha cota do 10,7%, e mantén esa posición por quinto mes consecutivo. 

Ao 10,4% do 'total día' súmase o dato da TVG2, xa que a segunda canle aportou outros 0,8 puntos correspondentes á súa audiencia media no mes de abril.

Comentarios