Turismo de Galicia invita a descubrir a variada paisaxe coa proposta Escenarios ao Volante

Montañas, bosques, praias, ríos e miradores son algunhas das opcións do proxecto ideado para Semana Santa ► O programa permite coñecer os encantos da comunidade con itinerarios pensados para desprazarse en automóbil
Pallozas. TURISMO DE GALICIA
photo_camera Pallozas. TURISMO DE GALICIA

A  alma que desprende Galicia permite ao visitante desfrutar de momentos únicos e inesquecibles. Unha paisaxe para saborear con calma e con sitios pensados para poder chegar en coche, un transporte que se convirte en idóneo para cando se teñen varios días por diante, como é o caso da vindeira Semana Santa. Montañas, ríos, praias e miradores son algunhas das propostas do programa Escenarios ao Volante posto en marcha por Turismo de Galicia da Xunta para a Semana Santa, co fin de achegar ao visitante a riqueza natural da comunidade. Un programa sobre o que se pode atopar toda a información en www.turismo.gal.

En Galicia podemos subir ás montañas do macizo de Pena Trevinca que superan os 2.000 metros, navegar polos canóns do río Sil ou do río Miño, perdernos nas praias case desertas da Costa da Morte, de Ortegal ou da Mariña luguesa, ou mesturarnos cunha natureza feraz percorrendo os bosques do Courel ou dos Ancares. Podemos sentarnos a sentir a vertixe de cantís case verticais que superan os 600 metros de altura de caída sobre o mar, ou acubillarnos en mornos vales; e aproveitar a riqueza pesqueira dunhas rías que acugulan os sentidos coa súa beleza.

Belesar. TURISMO DE GALICIA
Belesar. TURISMO DE GALICIA

Ante todo, e sobre todo, Galicia é paisaxe. Unha paisaxe que expresa o vencello dos seus homes e mulleres coa terra, que conxuga o modelado natural co cincelado pousado das xeracións de persoas que a habitaron, e esculpiron nela as necesidades e realidades sociais de cada época. Os socalcos da Ribeira Sacra, os mosaicos de prados, as hortas traballadas habelenciosamente, as vilas e cidades, os camiños e as estradas que percorren a súa xeografía...

Sensacións exclusivas

Todo isto é paisaxe. Cada viaxe é un proceso único e persoal.

As sensacións que a cada un lle transmitan estas paisaxes serán tamén exclusivas, polo que en Escenarios ao Volante son diversas as opción que se propoñen. Para os amantes do sendeirismo márcase vintecinco rutas por toda a xeografía, entre as que se atopan opcións tanto de mar como de montaña.

Entre as que permiten camiñar ao carón dun mar infinito están: De Ribadeo ao Pico da Frouxeira... polas catedrais do Cantábrico; do Porto de Espasante ao faro de Estaca de Bares... cantís, portos e luz; de Cedeira a Cabo Ortegal... os miradoiros ao norte do norte; do castelo de Palma ao castelo de Nogueirosa... por terras do Golfo Ártabro; do faro de Laxe á punta do Roncudo... mareas vivas na ría de Corme e Laxe.

A beleza do Cantábrico. AEP
A beleza do Cantábrico. AEP

Tamén se inclúe a Circular de Camariñas... Camiños da Costa da Morte; do faro de Fisterra ao miradoiro do Ézaro: da fin do mundo ao olimpo céltico; do faro do Corrubedo ao monte Enxa: dunas de Corrubedo, areais de Porto do Son; do cabo Udra ao cabo Home... polos cabos do Morrazo; do monte Cepudo ao monte Aloia.... de Vigo a Tui pola senda do Galiñeiro e de Baiona a Santa Tegra… a costa sur.

No canto das opcións de vales, ríos e montañas destacan as rutas de Fonsagrada a Negueira de Muñiz... mar de nubes no val de Navia; de Navia de Suarnas ás Pontes de Gatín... portos de Ancares; de Pedrafita do Cebreiro a Samos... a entrada do Camiño de Santiago; da Cruz de O Incio ao miradoiro de Pena do Teso... O Courel dos "eidos"; de Chantada a Os Peares... A Ribeira Sacra do Miño ou a de Monforte de Lemos a Santo Estevo de Ribas do Sil... Camiños heroicos da Ribeira Sacra.

Outras das propostas son os percorridos Da Veiga aos penedos de Oulego... Vales e serras do oriente galego; da Pobra de Trives ás Ermidas... herdanza romana das terras do Bibei; de Montederramo a Manzaneda... a través do macizo central ourensán; da Gudiña a Pradoalbar... a serra Seca e o val de Couso; de Aquis Querquennis á Portela do Home... herdanzas romanas na Baixa Limia; de Ourense a Ribadavia... baixando o Miño cara O Ribeiro; de Avión ao Miradoiro das Tres Rías... do Suído ao Cando; de Aciveiro a Carboeiro... os mosteiros do centro de Galicia.

Unha propostas ás que se suman medio cento de miradores espallados por toda a comunidade autónoma e que permitirá a cada viaxeiro atopar o seu, ou seus varios favoritos, e non o terá fácil porque a variedade e inmensa e todas as paisaxes teñen o seu encanto.

Inspiración

O mesmo sucede coas rutas vencelladas ás paisaxes literarias, pois foi Galicia foi sempre tema de inspiración para as creacións artísticas, xa sean cántigas e refráns como cadros, esculturas e temas musicais.

Voces populares que souberan debuxar as cores das nosas paisaxes. Máis dunha vintena de propostas ás que se suman tamén sete máis de índole urbana, cunha ollada tamén importante doutra paisaxe interesante que Galicia ofrece ao visitante.

Comentarios