A túa Xanela abre unha nova tenda en Curtis

O acto de inauguración ten lugar este mércores 27 de setembro ás 18.00 horas no número 50 da Rúa Alcalde Espiñeira
Tienda de A túa Xanela en Curtis. EP
photo_camera Tienda de A túa Xanela en Curtis. EP

A túa Xanela é un operador nado nunha aldea da provincia de Lugo co obxectivo de levar a fibra óptica ao rural galego. Fundouse hai dous anos por profesionais que decidiron deixar os operadores nacionais para embarcarse neste proxecto que xa supera os 20.000 servizos.

Tese a idea errónea dunha Galicia rural moi atrasada, pero o certo e que moitas aldeas teñen actividade económica moi relevante.

Desde A túa Xanela están "moi orgullosos de subministrar fibra na provincia de Lugo a un gran número de granxas robotizadas, casas rurais, e un gran número de empresas sitas no rural galego".

Cada día traballan para expandir a súa rede en colaboración con Rede Aberta e Adamo, e traballan na creación de novos servizos para os nosos clientes.

Contan cunha mestura de tendas propias e distribuidores autorizados, e este mérores 27 de setembro amplían a súa rede abrindo a súa primeira tenda na provincia da Coruña.

Decidiron abrila en Curtis por axustarse ao seu fin de acabar ca fenda dixital das aldeas de Galicia.
Darán servizo nesta primeira a fase a mais de 1.000 vivendas en Curtis, pero esperan chegar ao 100% do municipio.

Este mércores farán a súa inauguración ás 18.00 horas e invitan a todos os veciños que se pasen pola Rúa Alcalde Espiñeira, 50.