sábado. 21.05.2022 |
El tiempo
sábado. 21.05.2022
El tiempo

As tres redes de espectáculos da Agadic ofreceron 897 funcións e concertos en 2016

As tres redes de distribución de espectáculos escénicos e musicais da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) pecharon 2016 cun balance de 897 funcións e concertos programados nos seus 83 espazos asociados. Esta cifra supón un incremento próximo ao 10% respecto á actividade rexistrada o ano anterior.

Según informou a Xunta, este aumento ascende ata o 14,26% no caso da Rede Galega de Teatros e Auditorios, que o pasado ano despregou unha carteleira de 545 actuacións en 39 concellos das catro provincias. A Rede Galega de Teatros e Auditorios, que conmemorou en 2016 o vixésimo aniversario da súa posta en marcha, ten como obxectivo prioritario servir de canle estable para o encontro entre o público e e nova produción galega. A súa oferta anual estivo cofinanciada entre a Consellería de Cultura e Educación e as entidades xestoras dos 44 espazos asociados, cunha inversión final de 1,4 millóns.

Pola súa parte, a Rede Galega de Música ao Vivo cumpliu oito anos de actividade ininterrumpida ofrecendo en 2016 un total de 233 actuacións en 34 salas e 23 localidades. Neste caso, a Agadic asumiu o 85% do total de 108.742 euros que se destinaron a esta programación.

Os cinco espazos da Rede Galega de Salas acolleron o pasado ano unha carteleira de 119 funcións desenvolvidas por 40 compañías, entre as que destacaron cuantitativamente as propostas específicas para o público infantil. O orzamento para este circuíto, de 60.000 euros, foi financiado íntegramente pola Agadic.

As tres redes de espectáculos da Agadic ofreceron 897 funcións e...
Comentarios