viernes. 25.09.2020 |
El tiempo
viernes. 25.09.2020
El tiempo

Valentín Otero: "O trato do persoal foi mellor imposible, pero o coronavirus é unha desgraza"

Valentín Otero, no centro, xunto a dous sanitarios. GALICIA POR DIANTE
Valentín Otero, no centro, xunto a dous sanitarios. GALICIA POR DIANTE
Aos seus 60 anos, este veciño de Mosteiro recibiu o martes a alta hospitalaria no Hospital Montecelo de Pontevedra

Valentín Otero, veciño de Mosteiro, recibiu a alta hospitalaria este martes no Hospital de Montecelo logo de sufrir o coronavirus.

O afectado, de 60 anos, estivo está mañá no programa Galicia por Diante. Otero atendeu aos compañeiros da Radio Galega tras pasar 12 días na UCI do hospital pontevedrés. Despois da súa experiencia indica con total seguridade que o "coronavirus é unha puta desgraza".

A Valentín tócalle pasar agora un semana de illamento na casa que comparte cunha das súas fillas, pero lembra que todo "comezou con fiebre". Os síntomas iniciáronse un domingo e non foi trasladado ao centro hospitalario ata o sábado seguinte. "Estiven demasiado tempo na casa esperando por atención", afirmou.

Este veciño de Mosteiro quixo agradecer tamén o trato que recibiu por parte do persoal, "foi mellor imposible". Algo compatible con que "a UCI é un lugar terrible". 

Unha das cousas que levou peor Valentín Otero foi non poder contactar cos seus tres fillos. Ao que engade que durante a súa permanencia na UCI vivía "noutro mundo, non estaba consciente".

Agora, o afectado quere esquecer esta experiencia e volver á súa vida habitual.

Valentín Otero: "O trato do persoal foi mellor imposible, pero o...
Comentarios