miércoles. 17.07.2019 |
El tiempo
miércoles. 17.07.2019
El tiempo

O sábado chega a Galicia caracterizado pola inestabilidade

Ceo nubrado. AEP
Ceo nubrado. AEP

As temperaturas mínimas experimentarán un ascenso, mentres que as máximas sufrirán un descenso

A xornada do sábado estará caracterizada pola inestabilidade atmosférica por aire frío en capas altas. Con esta situación, agárdanse intervalos anubrados, con chuvascos treboentos pola tarde, acompañados de aparato eléctrico, que poden ser localmente fortes.

As temperaturas mínimas experimentarán un ascenso, mentres que as máximas sufrirán un descenso, máis acusado na metade sur. Os ventos soprarán frouxos variables na metade sur, moderados do nordés no resto, con intervalos fortes no litoral de A Coruña.

Mapa de temperaturas. METEOGALICIA

O sábado chega a Galicia caracterizado pola inestabilidade
Comentarios