Galicia

Susto no 'DEA': Desmáiase un conserxe en plena sesión

A falta dun minuto para o remate da intervención de apertura de Núñez Feijóo no Debate do Estado da Autonomía, viviuse un momento tenso no Hórreo cando un conserxe sufriu un desmaio. Afortunadamente, o presidente do Parlamento e médico de profesión, Miguel Santalices, confirmou pouco despois que o vaído non fora grave. Deste xeito, Feijóo puido retomar o seu discurso e proseguiu coa súa exposición tras desexarlle a "Elías [o nome do profesional] unha pronta recuperación".