Suspéndese a busca do mariñeiro galego desaparecido en Mauritania

Os labores de busca do mariñeiro galego desaparecido en augas mauritanas o pasado luns suspendéronse onte á noite, segundo confirmaron fontes de Salvamento Marítimo. Polo momento, os traballos non se reanudarán, dado que non son augas de competencia española e foi o propio barco que decidiu suspender a busca do veciño de Marín.

Ademais, a capacidade do país africano para buscalo son "reducidas", segundo indican no Ministerio de Exteriores.

O accidente sucedía o luns, en augas de Nouadhibou, cando ás 14,30 horas as redes do Pesquero Favaios, de bandeira portuguesa, enganchaban cunha hélice do barco. O desaparecido somerxeuse para liberar o barco das redes, cando xa non se soubo máis del.

Comentarios