Setembro comeza con avisos por choiva e tormenta en Lugo e Ourense

A alerta esténdese a diversos puntos do territorio español
Caída de un rayo durante la tormenta. EP
photo_camera Caída de un rayo durante la tormenta. EP

O mes de setembro arrinca con avisos de nivel amarelo e nalgúns casos de nivel laranxa en practicamente todo o territorio español e tamén en Galicia.

Lugo e Ourense estarán en alerta amarela por tormentas. Segundo Meteogalicia, a alerta comezará sobre as 15.00 horas e estenderase ata a madrugada no interior ourensán, a montaña e sur de Lugo e no interior de Pontevedra.

O resto de avisos de nivel amarelo afectan a Almería, Granada, Xaén, Huesca, Asturias, Cantabria, Ávila, Burgos, León, Palencia, Salamanca, Segovia, Soria, Valladolid, Zamora, Albacete, Cidade Real, Toledo, Lleida, Tarragona, Cáceres, Badaxoz (só en aviso por tormentas), Madrid (en aviso laranxa na zona Metropolitana e Henares), Murcia, Navarra, Álava, Guipúzcoa e Biscaia (ambas só en aviso por tormentas), A Rioxa, Alacante, Castelló e Valencia.

En aviso de nivel laranxa estarán, tanto por choivas como por tormentas, as provincias de Teruel, Zaragoza, Cuenca e Guadalaxara.

Esta situación débese á entrada dunha depresión en niveis altos polo oeste da Península, que provocará un notable aumento da inestabilidade, con precipitacións case xeneralizadas en forma de chuvascos acompañados de tormenta e ocasionalmente saraiba.

Durante este mércores, tamén haberá probabilidade de bancos de néboa matinal en áreas do interior do leste peninsular, sen descartalos no suroeste de Galicia.

Comentarios