Sábado. 22.09.2018 |
El tiempo
Sábado. 22.09.2018
El tiempo

O Sergas pon en marcha unha vía rápida para a atención dos alérxicos ao veleno de avespa e abella

Nido de avispa velutina. DAVID FREIRE
Nido de avispa velutina. DAVID FREIRE

Sanidade explicou que a todos os alérxicos prescribiráselles un autoinxector de adrenalina con instrucións para o seu uso

Os galegos que sufran unha reacción alérxica por picadura de avespa ou abella serán atendidos a través dunha vía rápida que puxo en marcha o Servizo Galego de Saúde, para axilizar o diagnóstico e tratamento destes pacientes. A Consellería de Sanidade informou este venres, nun comunicado de prensa, que calquera persoa que chegue aos centros sanitarios cunha reacción anafiláctica recibirá o tratamento necesario e practicaráselle unha analítica específica que axudará ao diagnóstico da alerxia. 

Así mesmo, o Sergas explicou que a todos os alérxicos prescribiráselles un autoinxector de adrenalina con instrucións para o seu uso e que, ademais de ser emprazado ao seu médico de cabeceira, derivaráselle ao especialista de alergología, no caso de que cumpra determinados criterios. As persoas con reaccións locais, xa sexa por picaduras múltiples ou non, e con reaccións cutáneas sen outros síntomas non serán atendidas por esta vía, segundo precisou a Administración. 
 

O Sergas pon en marcha unha vía rápida para a atención dos...
Comentarios