Domingo. 23.09.2018 |
El tiempo
Domingo. 23.09.2018
El tiempo

O Sergas manterá operativo este verán en torno ao 88% das camas de hospitais

Pacientes de Urgencias, en el Hula. AEP
Pacientes de Urgencias, en el Hula. AEP

Sanidade insiste en que as camas "non se pechan", xa que "están sempre dispoñibles no cento por cento"

O director xeral de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal, informou este venres de que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) manterá operativo durante este verán en torno ao 88 por cento das camas dos centros hospitalarios da rede pública. 
A preguntas da prensa —nunha rolda de prensa na que compareceu para dar conta de datos de doazón de sangue en Galicia—, Aboal apuntou que, con base nos datos de veráns anteriores, a ocupación de camas de hospitais está ao redor do 75 por cento, polo que "sempre se deixa unha marxe" de "colchón" de "ao redor dun 12 ou 13 por cento" até ese 88 por cento, cifra similar a outros anos. 

Así, insistiu en que as camas "non se pechan", xa que "están sempre dispoñibles no cento por cento", pero remarca que a demanda hospitalaria é menor no verán, polo que é necesaria unha "planificación" por "responsabilidade dos xestores" para utilizar os recursos "de forma adecuada". 

Por iso, deixa claro que "se fai falta utilizarse as camas, as camas están aí", e lembra casos como o do accidente de Angrois en Santiago de Compostela, no que "non houbo ninguén" que quedase sen cama hospitalaria. 
 

O Sergas manterá operativo este verán en torno ao 88% das camas de...
Comentarios