Martes. 20.11.2018 |
El tiempo
Martes. 20.11.2018
El tiempo

O Sergas deberá indemnizar os pais dun neno ao que se tardou dous anos en diagnosticar fibrosis quística 

A sentenza considera que os erros do Sergas obrigaron á muller a escoller se ter dous fillos enfermos

O Xulgado Contencioso Administrativo número 2 de Santiago de Compostela condenou o Sergas a indemnizar os pais dun neno, nacido en Ferrol, ao que se demorou a diagnose de fibrosis quística, "inexplicablemente", dous anos, cando se trata dunha proba que se comunica "en días". Segundo informa a Asociación El defensor del paciente, o atraso na comunicación da enfermidade provocou que o neno non fose "atendido do modo adecuado para a súa doenza" e que a nai tivese que abortar do seu segundo fillo, cando se comprobou que tamén sufría esta dolencia. 

Neste caso, sinálase que, de coñecer a enfermidade do primeiro fillo, poderíase optar pola decisión de non ter descendencia. A interrumpción do embarazo produciuse na semana 21 de xestación, despois de que se comprobara que o feto tamén era portador de fibrosis quística.  Na sentenza sinálase que se recoñece a circunstancia de que "no caso de non producirse tal demora e atraso", a muller "non se quedaría embarazada sen someterse previamente a consello xenético, sendo os erros do Sergas os que a obrigaron á tesitura de escoller se ter dous fillos enfermos". 

A sentenza recolle que o dano moral é "indiscutible", e que non hai explicación "plausible" sobre o atraso na obtención dos resultados

Desde a asociación engádese que "os resultados dunha proba que se entrega en días inexplicablemente tardouse dous anos en facilitar", atrasando así o tratamento adecuado do pequeno, no que se atribúe a un "caos organizativo" e a un "serio problema de xestión". 

A sentenza recolle que o dano moral é "indiscutible", e que non hai explicación "plausible" sobre o atraso na obtención dos resultados, polo que a demora na comunicación do neno xa nado está na orixe da interrupción do embarazo do segundo fillo.  Os pais prefiren non facer pública a cantidade concedida por non "compensar o dano sufrido, especialmente á nai, que sufriu graves secuelas psicolóxicas". 

Carmen Flores, presidenta da Asociación, manifestou que "é inaudito e incromprensible, desde o máis elemental punto de vista científico, que estes fallos se produzan avanzado xa o século XXI. Este fallo non é de recibo pois só pode responder ao caos organizativo, á falta de información ás vítimas e a un serio problema de xestión". 

O avogado da Asociación, Cipriano Castreje, explicou que, en todo caso, a sentenza non é firme e pode ser recorrida polas partes implicadas. Os pais valorarán se apelan ou non a sentenza. 
 

O Sergas deberá indemnizar os pais dun neno ao que se tardou dous...
Comentarios