miércoles. 21.08.2019 |
El tiempo
miércoles. 21.08.2019
El tiempo

A semana arranca con chuvascos ocasionais e neve aos 1.100 metros

Nieve en Pedrafita do Cebreiro. ELISEO TRIGO (EFE)
Nieve en Pedrafita do Cebreiro. ELISEO TRIGO (EFE)

Rexistráronse ondas de 11 metros en Estaca de Bares e ventos de 80 kilómetros por hora en Viveiro

O temporal azoutou con forza este luns de madrugada a costa da provincia da Coruña, que permanece en alerta laranxa, con ventos de case 80 quilómetros por hora e ondas que superaron os 11 metros, segundo Portos do Estado.

As estacións de Punta Candieira, en Cedeira, e A Gándara en Vimianzo rexistraron refachos de vento de 78.2 quilómetros por hora e 60.6, respectivamente, aínda que os ventos máis fortes sopraron en Penedo do Galo, en Viveiro (Lugo), a 88.7 quilómetros por hora

A semana arrinca en Galicia con chuvascos ocasionais nun luns de ceos que alternarán nubes e claros,  no que haberá alertas por ondas no litoral atlántico e a posibilidade de nevaradas a partires dos 1.100 metros en Lugo e Ourense.

En concreto, as costas de Pontevedra e A Coruña están este luns ata as 15.00 horas en alerta laranxa por ondas de entre cinco e seis metros.

A borrasca situada ao oeste de Irlanda envía cara a Galicia mar de fondo. Desde as 15.00 horas ata a medianoite as ondas serán de entre catro e cinco metros.

MeteoGalicia tamén prevé nivel de alerta amarelo por neve na montaña de Lugo e Ourense, por acumulacións de até cinco centímetros. De feito, a cota de neve estará sobre os 1.100 metros e as temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. Durante o martes Galicia quedará baixo o predominio da influencia anticiclónica e agárdanse días asollados polo menos ata o xoves.

A semana arranca con chuvascos ocasionais e neve aos 1.100 metros
Comentarios