miércoles. 08.04.2020 |
El tiempo
miércoles. 08.04.2020
El tiempo

Sanidade compra 608.000 doses de vacina para a campaña da gripe

Un paciente recibe la vacuna contra la gripe. AEP
Un paciente recibe la vacuna contra la gripe. AEP

En total, son 48.000 máis que o ano pasado

A Consellería de Sanidade incrementa este ano 2018 o número de doses de vacina antigripal adquiridas, cun total de 608.000, 48.000 máis que as iniciais da campaña anterior. O orzamento para a compra destas vacinas ascendeu a 2.183.220 euros, 226.980 euros máis que en 2017.

Segundo informou o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, a campaña da gripe iniciarase o 22 de outubro e concluirá o 28 de decembro, co obxectivo de minimizar o impacto desta doenza entre a poboación galega a través da prevención.

Entre as novidades da campaña deste ano destaca a oferta ao persoal sanitario do Sergas da oportunidade de empezar a vacinarse o día 15 de outubro, unha semana antes, para que poidan afrontar a campaña xa protexidos. Ademais, dentro da aposta pola importancia da vacinación dos sanitarios, distribuirase entre o persoal que recibise a vacina unhas chapas coa lema 'Eu vacineime, e ti?'.

A campaña estacional de vacinación da gripe oferta esta a todas as persoas incluídas nos grupos de risco, de forma totalmente gratuíta. A poboación diana son os maiores de 60 anos, residentes en institucións pechadas de calquera idade, mulleres embarazadas e aquelas persoas entre 6 meses e 59 anos con factores de risco. Ademais, ofértase ás persoas que poidan transmitirlla a integrantes da poboación diana.

Este ano empregaranse tres tipos de vacina, a convencional, da que se adquiriron 325.000 doses, a adxuvada, con 260.000 doses, e a tetravalente, con 23.000 doses.

INFECCIÓN POR VIH. O Consello da Xunta aprobou este xoves un decreto polo que se crea e regúlase o Sistema de Información de Diagnósticos de Infección polo VIH en Galicia, unificando a información que até agora se recollía no Rexistro Galego de Sida e no Sistema de información galego sobre a infección por VIH.

A finalidade deste sistema é coñecer a evolución temporal e xeográfica da infección polo VIH en Galicia, a súa distribución entre a poboación con diferentes prácticas de risco e, de ser o caso, a súa evolución a sida ou falecemento.

Sanidade compra 608.000 doses de vacina para a campaña da gripe
Comentarios