martes. 23.07.2019 |
El tiempo
martes. 23.07.2019
El tiempo

Sánchez e Iglesias tuitean en galego para felicitar o Día das Letras

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e o líder de Podemos, Pablo Iglesias, utilizaron este 17 de maio o galego nas súas redes sociais para felicitar a todos os galegos polo Día das Letras. "Hoxe Galicia celebra e reivindica a súa lingua, a súa literatura, a súa cultura. E toda España faio con ela. Que o galego se fale e se lea, que a súa riqueza se coñeza en España e máis aló das nosas fronteiras, fainos mellores", escribiu o xefe do Executivo na súa conta de Twitter, xerando numerosos comentarios nas redes, principalmente polo uso da forma 'faio' e a probable utilización dun tradutor á hora de escribir o texto. "Google translate power", chanceaba un dos máis de 200 usuarios que responderon ao líder socialista.

Máis éxito tivo o secretario general de Podemos, quen acompañou a súa publicación dunha imaxe de Cantares Gallegos, de Rosalía. "O noso país é plurinacional, diversidade e riqueza que nos fai mellores. Hoxe celébrase o Día das Letras Galegas e seguiremos traballando para acompañar, reivindicar e defender a cultura e a lingua galega. Tamén nas institucións do Estado. Feliz día a toda a xente de Galicia".

Sánchez e Iglesias tuitean en galego para felicitar o Día das Letras
Comentarios