Axentes da Policía Nacional e membros do corpo de bombeiros de Teis tiveron que transformarse este domingo en veterinarios improvisados para salvarlle a vida a seis gatos afectados pola inhalación do fume xerado polo incendio dunha vivenda no barrio vigués do Calvario, onde se quedaron atrapados mentres o inquilino atopábase fóra de casa.
Os bombeiros evacuaron aos felinos ata a rúa, onde lles practicaron masaxes cardiorrespiratorias ata que conseguiron reanimalos.