Rexistrado un tremor de 2,5 fronte a Ribeira

Este novo sismo tivo o seu epicentro no océano, aínda que preto da costa galega

Un tremor de 2,5 graos na escala de Richter tivo como epicentro o océano Atlántico, aínda que preto da costa galega e máis concretamente fronte a Santa Uxía de Ribeira, na provincia da Coruña.

O sismo, rexistrado polo Instituto Geográfico Nacional (IGN) ás 05.40 horas da madrugada deste mércores 11 de abril, non foi percibido pola poboación nin causou danos materiais.

Nos últimos meses véñense sucedendo tremores inferiores a tres graos en Galicia e na súa costa.

Comentarios