As reservas do grupo sanguíneo A+ permanecen baixas en Galicia

A negativo, 0 positivo e 0 negativo atópanse normais
Autobús da Axencia de doazón de órganos e sangue. AEP
photo_camera Autobús da Axencia de doazón de órganos e sangue. AEP
As reservas do grupo sanguíneo A positivo (A+) permanecen baixas en Galicia, mentres que as da negativo e Cero positivo (0+) e Cero negativo (0-) atópanse normais. 

Así o informou este xoves a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), que lembra que os centros sanitarios para afrontar a demanda necesitan 500 doazóns de sangue cada día. 

O vindeiro luns, 31 de agosto, co fin de facilitar a doazón ADOS desprazará unidades móbiles ás localidades coruñesas de Ferrol -barrio de Inferniño-, Malpica -fronte á Casa do Pescador-, Negreira -Rúa Vila de Negreira-, Santa Cruz de Ribadulla e Val do Dubra -Bembibre-. 

Tamén o luns ADOS enviará unidades móbiles aos municipios pontevedreses da Illa de Arousa -Praza do Campo- e Vigo -rúa Príncipe e Cabral-. 

Así mesmo, o día 31 haberá unidades móbiles para facilitar a doazón de sangue no concello lucense de Quiroga -parada de taxi á beira do Consistorio- e en Ourense -barrio do Vinteún-. 
 

Comentarios