Rescatan dous nenos e un can illados nun cantil no Concello de Mera

Imaxe de arquivo dunha lancha da Garda Civil AEP
photo_camera Imaxe de arquivo dunha lancha da Garda Civil. AEP

Dous menores de 9 e 10 anos e o seu can foron rescatados pola Garda Civil de Oleiros nun cantil de difícil acceso no que quedaron illados ao subir a marea, informan a Efe fontes do Instituto Armado.

O rescate produciuse sobre as 19.15 horas deste luns no Morro de Mera, no concello coruñés de Oleiros.

Un veciño da zona alertou desta situación aos axentes, que se desprazaron inmediatamente aos cantiis, baixaron ata o punto no que se atopaban os nenos, subíronos aos ombreiros e finalmente avisaron aos seus pais de que estaban en perfectas condicións.