Rescatados dous menores en Vigo tras envorcar o veleiro no que navegaban

Recibiron atención sanitaria por posible hipotermia
Un socorrista pendiente de los bañistas en una playa. AEP
photo_camera Un socorrista pendiente de los bañistas en una playa. AEP

Dous mozos foron rescatados na tarde do martes tras envocar cun veleiro no que navegaban fronte á Praia da Buraca, en Vigo.

Contra as catro menos vinte da tarde, un particular poñíase en contacto co 112 Galicia para advertir de que unha embarcación envorcara fronte a este areal. Nesa mesma comunicación, informaba de que había dúas persoas na auga que intentaban, nese intre, darlle a volta ao barco.

Os xestores do 112 Galicia deron aviso aos socorristas de Vigo, a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas de Galicia, á Policía Local e á Garda Civil.

Xa no lugar, os socorristas confirmaban que se trataba dun veleiro e que os dous ocupantes, menores, se atopaban ben, polo que os ían achegar eles mesmos ata terra. Ademais, ata o punto tamén se desprazou, noutra embarcación, o dono do veleiro que, tras intentar darlle a volta, tamén tivo que ser trasladado polos servizos de emerxencia ata o porto.

Ata o punto tamén se desprazou o dono do veleiro que, tras intentar darlle a volta, tamén tivo que ser trasladado polos servizos de emerxencia ata o porto

Ao remate da súa intervención, os socorristas informaron ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia que as tres persoas estaban xa fóra da auga e que foran evacuadas por eles ata o Porto de Canido, onde os dous menores recibiron asistencia sanitaria por posible hipotermia.

ESTEIRO. Tamén esta tarde o 112 Galicia soubo dun incidente cun inchable na localidade de Muros, en concreto, fronte á praia de Esteiro. Segundo o aviso dun particular, arredor das catro e media da tarde, un grupo de tres mozos e un adulto, que se desprazaban nun inchable, neste lugar, solicitaban axuda.

De xeito inmediato, desde o 112 Galicia puxéronse os feitos en coñecemento de Salvamento Marítimo, do Servizo de Gardacostas de Galicia, da Policía Local, do GES de Muros e da Garda Civil.

Finalmente, foi un caiac, que navegaba pola zona, quen lles axudou a chegar ata terra e, afortunadamente, todos eles atopábanse en bo estado de saúde e non precisaron asistencia sanitaria.

Comentarios