Quinto día de busca do mariñeiro desaparecido nas Cíes

Embarcaciones de Salvamento Marítimo durante un rescate. AEP
photo_camera Embarcaciones de Salvamento Marítimo durante un rescate. AEP

Dúas embarcacións retomaron este venres a procura do segundo dos mariñeiros do pesqueiro Marsua J, o seu patrón, que se afundiu este luns nas proximidades de Cíes, un accidente no que faleceu o outro tripulante. 

Segundo informaron a Europa Press fontes de Salvamento Marítimo, os labores proseguen por mar coa Salvamar Mirach de Salvamento e a Punta da Guía do Servizo de Gardacostas da Xunta. 

Este venres, a Punta da Guía percorrerá a costa desde Cabo de Mar a Monteferro e a área do corredor entre as dúas illas de Cíes coñecida como Freu da Porta. Mentres, a Salvamar Mirach rastrexa desde Cangas a Cabo Home e custeará polo oeste das Cíes.

SINISTRO. O Marsua J, así como o cadáver dun dos seus tripulantes, foi atopado quilla ao sol entre as illas norte e sur de Cíes na tarde deste pasado luns polos efectivos que saíran a buscalo. 

En concreto, o cadáver e os restos da embarcación foron localizados sobre as 17.20 horas deste luns, por parte do helicóptero Pesca 1. O corpo foi recuperado pola Salvamar Mirach e trasladado a terra por unha patrulleira da Garda Civil. Aínda se busca ao outro ocupante, o patrón do pesqueiro. 

A confraría de Baiona foi a que deu o aviso ás 16.15 horas deste luns ante a falta de noticias deste barco –no que viaxaban o patrón e un tripulante–, que estivo a faenar ao oeste das Cíes.

Comentarios