sábado. 26.09.2020 |
El tiempo
sábado. 26.09.2020
El tiempo

O PSdeG programará actos de maior dimensión segundo avance a desescalada

Gonzalo Caballero, na reunión da súa executiva. EUROPA PRESS
Gonzalo Caballero, na reunión da súa executiva. EUROPA PRESS
"A crise do Covid-19 fai máis imperiosa a necesidade dun cambio en Galicia", sinala Gonzalo Caballero

Con motivo da celebración das próximas eleccións autonómicas do 12 de xullo, o PSdeG prevé avanzar na mobilidade e programar actos de maior dimensión a medida que progrese o proceso de desescalada e "sempre cumprindo as normas de seguridade e precaución".

Diso informaron nun comunicado os socialistas galegos despois dunha reunión telemática da executiva do PSdeG e no que sinalou que o seu secretario xeral, Gonzalo Caballero, seguirá mantendo a súa axenda de contactos cos cargos institucionais e cos distintos sectores da cidadanía de Galicia co obxectivo de mobilizar ao electorado progresista.

Ademais, o presidente do partido e senador Xoaquín Fernández Leiceaga coordinará a actualización do programa electoral para incluír o traballo e os informes dos grupos de expertos en sanidade e económica convocados pola formación por mor da crise do coronavirus.

Na súa intervención durante a primeira reunión da súa executiva que os socialistas celebran por videoconferncia despois da convocatoria electoral, Gonzalo Caballero destacou que "a crise do Covid-19 fai máis imperiosa a necesidade dun cambio en Galicia" para ter un Goberno na Xunta que aposte polo público.

"Hai que activar aos 10.000 militantes socialistas de Galicia para retirar a quen foi o campión dos recortes na sanidade pública", sinalou o líder do PSdeG, que avanzou que a campaña ten que servir para mobilizar ao electorado progresista que non se quere resignar a seguir pola senda da precarización e privatización que, segundo indicou, caracteriza a etapa de Feijóo na Xunta.

Neste sentido, puxo o foco en que a tarefa que os socialistas teñen por diante é mostrar que o PSdeG ten o "mellor proxecto de futuro para Galicia", máxime para afrontar esta crise sanitaria, económica e social derivada da pandemia.

"Temos un proxecto de compromiso coa sanidade pública, co fortalecemento do estado do benestar e unha política económica que non deixe a ninguén atrás", resaltou.

As receitas que necesita Galicia

"As receitas que necesita Galicia son as que temos no noso ideario", destacou o máximo dirixente do PSdeG, que resaltou o traballo feito ao caron da cidadanía por parte dos máis de cen alcaldes e alcaldesas socialistas de Galicia, polos presidentes das deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra, e polo propio goberno de España.

"Axudas para os autónomos por primeira vez neste país, mantemento dos salarios dos traballadores, medidas de reforzo para empresas, prohibición de realizar desafiuzamentos durante a pandemia, aumento das bolsas de estudos, renda mínima vitial", enumerou Gonzalo Caballero, que contrapuxo estas medidas coa actitude da dereita e a ultradereita "alentando manifestacións no barrio de Salamanca".

Estado de Alarma

En paralelo, o máximo dirixente do PSdeG criticou o comportamento político do Partido Popular "de Casado, Ayuso e Feijóo". "Ten unha posición infumable", sinalou á vista do seu intento por "botar abaixo como sexa o estado de alarma".

Sobre todo, como sinalou, porque "todos os galegos saben que esta ferramenta é fundamental para levar a cabo o proceso de desescalada e desconfinamiento con todas as garantías".

O PSdeG programará actos de maior dimensión segundo avance a...
Comentarios