domingo. 17.10.2021 |
El tiempo
domingo. 17.10.2021
El tiempo

Tres semanas de negociacións, un novo 'acordo marco' para as Deputacións

Pasadas tres semanas dende que os líderes do PSdeG e BNG subscribiron o acordo que sentou as bases de boa parte dos gobernos de coalición dos municipios galegos, socialistas e nacionalistas alcanzaron hoxe un novo "acordo marco" cuxo ámbito de aplicación serán as deputacións provinciais da Coruña e Lugo, que terán un reparto de poder diferente. As conversas alongáronse a través de múltiples reunións, marcadas polo debate da utilidade e funcións destas institucións.

A comisión negociadora determinou que na Deputación da Coruña establecerase unha vicepresidencia única que ostentará o BNG, dado que a presidencia será para os socialistas. Caso diferente é o de Lugo, onde non hai unha, senón tres vicepresidencias, das que a primeira e a terceira caen en mans do BNG, mentres a Presidencia e a vicepresidencia segunda será para os socialista. A partires de aí, o reparto de poder rexerase polo proporcionalidade dos votos e dos deputados, que será o que finalmente determine que formación política atenderá cada área.

Lei de Coordenación
O acordo para o goberno destas institucións implicou a negociación dunha serie de criterios. Deste xeito, ambas formacións aluden á vontade para impulsar "unha nova organización administrativa do territorio galego, baseada en concellos, comarcas e áreas metropolitanas" e para que as deputacións cooperen co Goberno galego, e non lle fagan competencia. Con este fin impulsarase unha Lei de Coordenación das Deputacións Provinciais e elaborarase un plan único de obras e servizos, así como prácticas transparentes e éticas no goberno das institucións provinciais.

Deste xeito, son catro os obxectivos principais reflectidos neste documento:

  • Está previsto revisar as competencias exercidas polos diferentes niveis administrativos do país para evitar duplicidades,
  • Promoverán a comparecencia regulada dos presidentes destas institucións no Parlamento galego para establecer mecanismos de control,
  • Coordinarán políticas coa Xunta e establecerán baremos obxectivos para o reparto de recursos dos plans de obras, na colaboración cos concellos e na contratación.
  • Impulsar as accións mancomunadas para mellorar os servizos ós cidadáns dos municipios máis pequenos é outro dos compromisos que nacionalistas e socialistas selan neste pacto.

Tres semanas de negociacións, un novo 'acordo marco' para as...
Comentarios