Lunes. 19.11.2018 |
El tiempo
Lunes. 19.11.2018
El tiempo

Prosagap denuncia que se forzou a traballar 31 horas seguidas a unha enfermeira

Centro de Saúde de Bueu. GOOGLE MAPS
Centro de Saúde de Bueu. GOOGLE MAPS

A traballadora tiña un contrato de 8 a 15.00 h. e, segundo ela mesma denuncia, obrigárona a cubrir despois a quenda de tarde-noite do PAC

A Agrupación Sindical de Profesionais da Saúde de Pontevedra (Prosagap) vén de denunciar a situación dunha enfermeira eventual do Sergas (Centro de Saúde de Bueu) que foi obrigada a traballar 31 horas sen descanso para comer, cear nin durmir. A traballadora tiña un contrato de 8 a 15.00 h. e, segundo ela mesma denuncia, obrigárona a cubrir despois a quenda de tarde-noite do PAC (de 15 a 8.00 h. do día seguinte) sen que iso anulase a súa seguinte xornada laboral.

Prosagap denunciou os feitos ante a Xerencia e critica que este é "uno de los muchos relatos que viven los eventuales de todas las categorías profesionales, y es uno de los motivos reales de precarización laboral". "La gravedad añadida es que esta obligación siempre es bajo órdenes verbales", engaden.

Prosagap denuncia que se forzou a traballar 31 horas seguidas a...
Comentarios