Donos de vivendas protexidas expedientados por non residir nelas

A Consellería de Vivenda e Solo abriu un expediente de sanción a 43 adxudicatarios de vivendas protexidas no concello de Pereiro de Aguiar, Ourense. Serán sancionados cunha multa de 3.000 euros por non utilizar estas residencias como domicilio habitual.

O Servizo de Inspección da Consellería considera que "existen indicios suficientes" de que estas vivendas non están sendo utilizadas como lugar de residencia permanente, tal e como obriga a Lei de Vivenda de Galicia. Isto está tipificado na lexislación como infracción moi grave, e pode ser sancionado cunha multa de ata 60.101 euros.

A promoción inspeccionada é unha urbanización de chalés no concello de Pereiro de Aguiar. Conta con 121 vivendas protexidas de 90 metros cadrados, cunha parcela de 125 metros cadrados cada unha. O seu prezo: 75.126 euros. As vivendas foron entregadas en xuño de 2006 aos beneficiarios. O promotor da vivenda protexida foi a empresa pública Xestur-Ourense, cun investimento de 9.414.292 euros.

Baleiras e descoidadas
Unha gran parte das vivendas expedientadas están baleiras, contan con consumos enerxéticos mínimos e presentan un aspecto de descoido xeral. O 83 por cento teñen un consumo enerxético inferior aos 500 kw ao longo de 12 meses. Este dato equivale ao consumo medio dos fogares galegos por cada recibo bimensual da luz bimensual, segundo o Instituto Enerxéstico de Galicia (Inega).

Todos os datos recabados levaron ao Servizo de Inspección a dictaminar "ou altísimo grado de desocupación da urbanización, sendo as vivendas, en moitos casos, utilizadas de forma esporádica só para descanso familiar e ou esparcimento lúdico".

Comentarios