O prazo para inscribirse nas oposicións de Educación arrinca este xoves 

Convócanse un total de 2.050 prazas en 30 especialidades ► O prazo permanecerá aberto até o 13 de abril

Oposiciones del Sergas. AEP
photo_camera Opositores realizando un exame. AEP

O prazo para inscribirse nas oposicións de Educación arrinca este xoves, día 22 de marzo, tendo en conta que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica este mércores no Diario Oficial de Galicia (DOG) a orde pola que se convocan estes procedementos selectivos. 

O departamento autonómico destacou que convoca para o ano 2018 un total de 2.050 prazas en 30 especialidades co obxectivo de "seguir avanzando na diminución da taxa de interinidade dos corpos docentes que, cun 13% é xa a máis baixa do Estado". 

En concreto, ofértanse vacantes de ingreso no corpo de profesores de ensino secundario, no de profesores técnicos en formación profesional e para o corpo de mestres. Ademais, tamén hai prazas de acceso de varios subgrupos a outros. 

A Xunta explicou que os solicitantes deben rexistrarse obrigatoriamente na aplicación de oposicións, na que deberán crear unha instancia. Ademais, tamén é obrigatorio que a solicitude e, se é o caso, a documentación, se presente electronicamente a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia dentro do prazo indicado na convocatoria. 

A información para realizar o procedemento pode consultarse tanto na propia convocatoria como no portal educativo da Consellería. O prazo permanecerá aberto até o 13 de abril. 

Comentarios