lunes. 22.07.2019 |
El tiempo
lunes. 22.07.2019
El tiempo

O PPdeG nega un "xiro á dereita" do partido" e o BNG rexeita o seu discurso "rancio"

Pedro Puy. ÓSCAR CORRAL
Pedro Puy. ÓSCAR CORRAL

En Marea insta a Feijóo a que "deixe de vestirse de centrista"

O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, negou que o Partido Popular dese "un xiro á dereita" na Convención Nacional celebrada esta fin de semana en Madrid e valorou "moi positivamente" o evento. "Non hai ningún xiro á dereita. En absoluto. O Partido Popular desde a súa fundación trata de conformar unha maioría ao redor dun conxunto de ideas que son as liberais, conservadoras e reformistas do conxunto de España", asegurou Puy este luns en rolda de prensa. 

Neste sentido, apuntou que o PP se reafirmou "como a casa máis representativa, a casa común do centro dereita democrático de España" e sinalou ter unha sensación "moi positiva" da devandita Convención. "A Convención foi un magnífico expoñente de cales son as ideas do Partido Popular, que son as liberais, conservadores e reformistas", destacou Puy, quen sentenciou que o PP é "a alternativa clara á esquerda".

636836681281168183wDISCURSO "RANCIO". Pola súa banda, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, referiuse este luns noutra rolda de prensa á Convención Nacional que o Partido Popular levou a cabo a fin de semana. Neste sentido, subliñou que no evento "consagrouse o vello PP de Aznar". 
"Non escoitamos falar nin de feminismo, nin de violencia de xénero, nin da loita das mulleres, senón que máis ben escoitamos un discurso rancio", destacou a portavoz. 

Ante estas palabras, Puy asegurou que o feminismo e a loita contra a violencia de xénero si estivo presente na convención, coa realización de mesas "específicas" sobre o tema. "A señora Pontón está encantada con dicir cousas que non son verdade. Nós estamos neste Parlamento tentado chegar a un acordo galego contra a violencia de xénero. Creo que con isto non é necesario facer ningunha valoración máis", sentenciou o portavoz popular. 

636836735625434586wAsí mesmo, o portavoz de En Marea, Luís Villares, tamén se referiu nunha rolda de prensa á Convención Nacional do PP da pasada fin de semana para instar o presidente galego a que "deixe de vestirse de centrista".  "A bandeira española dos recortes, dos privilexios dos ricos, só tapa a parte dereita o corpo; a outra parte do corpo queda espida", indicou. 

O PPdeG nega un "xiro á dereita" do partido" e o BNG rexeita o seu...
Comentarios