Posible pacto PSdeG - PPdeG - BNG para evitar a reelección de Jesús Ares

O Bloque Nacionalista Galego e o PSdeG de Toques apuntaron a posibilidade de chegar a un  pacto co PPdeG que evita a reelección como alcalde de Jesús Ares, candidato á fronte dunha formación independentista que foi a lista máis votada no concello.

Ares, alcalde durante os últimos 25 anos, foi condenado en 2004 por abusar dunha menor. Expulsado do PPdeG tras esta esta sentencia, presentouse ás eleccións baixo as siglas "Xuntos Cara o Progreso de Toques!". Obtivo catro concelleiros, quedándose tan só a un da maioría absoluta. O PSdeG conseguiu dous, os mesmos que o PPdeG, e o BNG sacou un.

O cabeza de lista nacionalista, Manuel Ferro, propuxo un acordo entre os tres partidos maioritarios en Galicia. "Saímos nos xornais por feitos tristes, xa é hora de que o fagamos por unha noticia mellor", asegura o portavoz do BNG que contará co apoio do PSdeG.

A postura do PPdeG está menos definida, mesmo se as tres formacións sinalan a importancia que tería o feito de que Ares non gobernase de novo. Nas semanas previas ás eleccións, varios veciños do concello denunciaron as presións por parte de persoas achegadas a Ares para renovar a súa confianza nel, unha persoa que foi durante meses triste protagonista da política galega.

Comentarios