Portugal colabora na investigación do explosivo en Lugo

Portugal colabora con Galicia na investigación arredor do explosivo que apareceu onte no Polígono do Ceao, en Lugo. Segundo parece, a autoría sería a mesma cá do artefacto atopado en Cangas, o grupo Resistencia Galega, e os corpos de seguridade intúen que poderían ter unha base en Portugal e vir a Galicia a realizar estes atentados.

De feito, a finais do ano pasado, a policía lusa atopara en Braga un arsenal con material para preparar explosivos e pasquíns do grupo independentista.

O artefacto non tivo que ser explosionado, senón que os Tedax puideron desactivalo. Isto permitirá, segundo Manuel Ameijeiras, delegado do Goberno, "o estudo do acontecido e a análise das pegadas dactilares".

Comentarios