jueves. 12.12.2019 |
El tiempo
jueves. 12.12.2019
El tiempo

Pontón lanza a súa precandidatura para ser a aspirante do BNG a presidir a Xunta

Ana Pontón lanza a súa precandidatura á liderar o BNG nas autonómicas. PEPE FERRÍN
Ana Pontón lanza a súa precandidatura á liderar o BNG nas autonómicas. PEPE FERRÍN
A líder nacionalista di que o obxectivo é acadar "un tempo novo que deixe atrás a década de decadencia de Feijóo"

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, lanzou este mércores a súa candidatura ao proceso aberto polo Bloque para elixir o aspirante á Presidencia da Xunta nas autonómicas de 2020, faino co obxectivo "de liderar o cambio político que necesita Galiza" e "abrir un tempo novo que deixe atrás esta década de decadencia de Feijóo". 

Na súa intervención en Santiago, Pontón asegurou que este "reto ilusionante" busca "un cambio real no país", que "só será posible da man do BNG". "Estamos en condicións de conseguilo", asegura. 
"Temos un proxecto de país, temos solvencia e seriedade, temos equipo e temos confianza en todo o potencial que hai no país", afirma. "Imos ir por todas", deixa claro. 

Xunto a varios mozos, Pontón escenificou a súa aposta polo "cambio político que precisa Galiza" co fin de pedir o apoio dos militantes do Bloque para a súa candidatura, que presenta con "ilusión", "compromiso" e "responsabilidade". 

Ana Pontón remarca que "hoxe" o Bloque é "máis sólido, unido e cohesionado", nunha formación na que houbo "unha substitución xeracional". 

Este proceso interno do BNG terminará a principios de xaneiro. Logo de conseguir os avais da militancia, despois haberá debates nas asembleas comarcais e finalmente o Consello Nacional referendará o proceso.

'GAÑAR UNHA NOVA GALIZA". Pontón explicou que tomou este decisión tras consultalo co seu "entorno persoal e político", así como despois de recibir "moitas mostras de confianza" de que debía "dar este paso adiante", unido ao "afecto" de militantes e cidadáns para "un cambio de rumbo" en Galicia. 

Baixo o lema Gañar unha nova Galiza, Pontón apelou a conseguir "unha Galiza con futuro" na que "poder traballar con dignidade", con "oportunidades, na que ninguén quede atrás". E é que chama a "deixar atrás" un Goberno do PPdeG "nefasto", que deixa unha Comunidade "peor do que atopou hai 10 anos". 

Neste sentido, diríxese á "maioría social" que ten "ideoloxías diferentes", pero que "comparte" a "aspiración de vivir nun país con oportunidades, con igualdade", con "óptima feminista" e "con mirada propia".

"Co que hai fastío é coa mala política"
Preguntada pola prensa sobre se tras varios procesos electorais pode haber cansazo entre a cidadanía nunha precampaña "longa" ata as autonómicas, a líder do Bloque opinou que "co que hai fastío é coa mala política", con "aquelas persoas que non son capaces de poñer solucións ou que xogan coa confianza que lle dan os cidadáns". 

Respecto diso, resalta que "proceso tras proceso" o BNG ten "máis apoio social e electoral". "Creo que fundamentalmente o cansazo está en ver a un Goberno do PP que está a deteriorar os servizos públicos, que se está cargando a sanidade deste país e está a permitir que se instale a precariedade". 

Pontón lanza a súa precandidatura para ser a aspirante do BNG a...
Comentarios